Información - III CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE ARZUA

Información - III CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE ARZUA

A Concellería de Deportes do Concello de Arzua, organizan a III Carreira San Silvestre solidaria de Arzua.

A carreira constará de duas voltas polo casco urbano e arredores da feira de gando ao circuito de 2500mts, en total 5000 mts e será saída única para todos os participantes.

Esta é una proba de carácter Solidario para recaudar xoguetes para as familias máis necesitadas.

O prezo das inscricións será a doazón dun xoguete, que se entregará o día da carreira ao retirar o dorsal, no mismo lugar da saída ata as 11:00 da maña,ou sexa,ata media hora antes da saida da proba,non entregándose ningún dorsal despois desa hora.

Os atletas participarán cos dorsáis tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalo ou doblalo, debendo quedar ben visible o número e a publicidade. A carreira poderá completarse correndo, andando ou en bicicleta.

Esta carreira ao ser de carácter solidario non contará con categorías, premiarase ós 3 primeiros masculinos e femininos, asi como os tres primeiros locais,tanto masculinos como femeninos. Habera algún premio tamen para os mellores disfraces ademais dunha foto no pódium so por vir disfrazados e algunha sorpresa mais.

Para que a espera se faga máis amena, a organización disporá de bebidas e produtos típicos destas datas.
Coa entrega de premios faremos varios sorteos entre os participantes,repitirase o sorteo ata que apareza o gañador,co cal prégase quedar ata o remate destes.

Dispoñemos de gardarroupa,duchas no pavillon municipal ao remate da proba