“Solidaridade Galega co Pobo Saharaui”, SOGAPS, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a “IV Andaina Solidaria en favor do pobo saharauí. Vacacións en Paz 2025”
sábado 2 de agosto de 2025.
A proba organízase a beneficio de SOGAPS, que recibirá o 100% do recadado a travésdas inscricións.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen distinción de idade ou sexo sempre que se inscriban axeitadamente. As persoas participantes menores de idade deberán cumprimentar unha autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar. Esta autorización deberá presentarse no momento da recollida da pulseira de participación. No caso de non presentar dita autorización, non será posible a participación na proba, non sendo reembolsable o importe da mesma.
Permítese a presenza de animais de compañía. No caso de participar no evento acompañado dun animal (can, gato...) deberán situarse ao final do grupo de participantes de cada unha das andainas, sendo obrigatorio levan ao animal atado en todo momento. A responsabilidade ante calquera incidencia será única e exclusivamente do propietario do animal.
Se non podes participar, podes facer a túa aportación de colaboración a través do Dorsal 0.
Saída e chegada a Praza Castelao
Establécense 2 percorridos na contorna do paseo marítimo e a senda litoral de Taragoña.
1 Percorrido verde: 5 km.
2 Percorrido Vermello: 11 km.
A saída do evento realizarase despois da actuación da Agrupación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, a partir das 10:00 horas.