Información - IV CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE   VERMÚ PETRONI

Información - IV CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE VERMÚ PETRONI

A Concellería de Deportes do Concello de Padrón, xunto con Vermú Petroni e o clube Atletismo Sar, organizan a 4ª Carreira San Silvestre Solidaria Vermú Petroni Concello de Padrón.

Celebrarase o día 31/12/2019 ás 17.00h con saída e chegada no Campo do Souto (Praza de Abastos). A carreira constará dunha volta neutralizada polo casco urbano e unha volta ao circuito homologado de 5.000mts, e será saída única para todos os participantes.

Esta é una proba de carácter Solidario para recaudar alimentos para as familias máis necesitadas.

A carreira poderá completarse correndo, andando ou en bicicleta.

O prezo das inscricións será a doazón dun quilo dalgún alimento non perecedeiro, que se entregará o día da carreira ao retirar o dorsal, no mesmo lugar da saída.

Unha vez consultado a Cáritas, faise saber que as leites e os aceites son as necesidades prioritarias, sendo ben recibidos todos os alimentos.

Os atletas participarán cos dorsáis tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos, debendo quedar ben visible o número e a publicidade.

Esta carreira ao ser de carácter solidario non contará con categorías, premiarase ós 4 primeiros masculinos e
femininos, sempre que completen o percorrido correndo ou andando.

A organización fará entrega de varios cheques solidarios que se doarán a asociacións benéficas (Cáritas Padrón e Asociación Benéfica San Vicente de Paul).

✓ 1º Premio categoría masculina…………………………………… Cheque Solidario de 100 € + Estuche de Petroni
✓ 2º Premio categoría masculina…………………………………… Cheque Solidario de 75 € + Estuche de Petroni
✓ 3º Premio categoría masculina…………………………………… Cheque Solidario de 50 € + Estuche de Petroni
✓ 4º Premio categoría masculina…………………………………… Cheque Solidario de 50 € + Estuche de Petroni
✓ 1º Premio categoría feminina…………………………………….. Cheque Solidario de 100 € + Estuche de Petroni
✓ 2º Premio categoría feminina…………………………………….. Cheque Solidario de 75 € + Estuche de Petroni
✓ 3º Premio categoría feminina…………………………………….. Cheque Solidario de 50 € + Estuche de Petroni
✓ 4º Premio categoría feminina…………………………………….. Cheque Solidario de 50 € + Estuche de Petroni

Entre todos os adultos participantes tamén haberá un sorteo de botellas de Vermú Petroni e do novo e xenuino Bitter.

Sorteo dun estuche de Vermú Petroni entre todos os participantes que compitan disfrazados.
Sorteo BARALLOCAS consistente nun vale de tres horas de estadía na súa fantástica Ludoteca.
Sorteo SORPRESA entre os menores de idade que participen na proba.
Premio Especial Petroni – Obradoiro CAB para aquel grupo entre 4-8 persoas que máis nos divirta co seu disfraz. (O Premio consiste na asistencia a un partido do Obradoiro en palco VIP a pé de pista).
Para todos estes premios especiais é preciso a entrega do dorsal no momento da recollida do premio.