Información - IV CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2019

Información - IV CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2019

O IV Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte4 carreiras...1 metaé un programa de carreiras a pé que ten por obxecto fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

O Circuito contará co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estará organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte:

  • A Pobra do Caramiñal
  • Riveira
  • Rianxo
  • Boiro

No mesmo poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non federados/as no deporte do atletismo.

As modalidades de inscrición no circuito serán 2:

  1. Participantes individuais nas probas do circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuito, pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer a inscrición en cada unha das probas INDEPENDIENTEMENTE nas que desexen participar.
  2. Participantes no circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriban na modalidade de circuito co obxectivo de completar a participación no mesmo. Os mesmos entrarán na clasificación particular de cada unha das probas do circuito nas que participen, e tamén puntuarán na clasificación xeral do circuito coma todos/as os que o fagan do mesmo xeito. O prazo para inscribirse nesta modalidade finalizará ao remate do prazo de inscrición da segunda proba, xa que para tomar parte nesta clasificación deberán participar e rematar alo menos 3 das 4 probas do circuito. Deberán correr obrigatoriamente co chip e dorsal facilitado pola organización.

CALENDARIO DE PROBAS DO CIRCUITO

 

DATA

PROBA

25 de agosto

CCArousa Norte A Pobra do Caramiñal

28 de setembro

CCArousa Norte Riveira - Santa Uxía

1 de novembro

CCArousa Norte Rianxo

1 de decembro

CCArousa Norte Boiro

PREZOS DA INSCRICION

  • ESCOLARES (de sub 10 a sub 16)  GRATUITA
  • ADULTOS (de sub 18 a máster):

         -> Xeral nas 4 probas do circuíto                          20 €

         -> Inscrición individual por proba fora do circuito:   6 €