A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Nocturna do Xalo, unha proba deportiva en dobre modalidade de carreira de montaña e andaina, que celebra a súa cuarta
edición.
A proba celebrarase o sábado 19 de novembro de 2022 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada na polideportiva de Castelo (Culleredo).
Trátase dunha carreira e dunha andaina polo Monte Xalo de 13 e 8,5 km. respectivamente, cunha única categoría para cada modalidade.
A Nocturna do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo
dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a
limpeza do monte. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando prioridade aos soportes electrónicos.
A carreira estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller a partir das 18.00 horas do mesmo día da proba.
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, e recibirá tamén un ticket para cear na polideportiva de Castelo ao remate do evento.