Información - IX MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO

Información - IX MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO

CERORIESGO E REALE SEGUROS, organizan o Domingo día 13 de Outubro de 2019 a partir das 11:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio, CAI A Estrada e Atletismo A Estrada o “IXMemorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a segunda e derradeira carreira puntuable para o VII Circuito “Corre A Estrada Corre”.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.

Establécense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2014 e posteriores.
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2012 e 2013.
BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2010 e 2011.
ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
XUVENIL/SUB 18: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
JUNIOR/SUB 20: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
PROMESA/SUB 23 Atletas nados/as nos anos 1997, 1998 e 1999.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1985 e 1996.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1975 e 1984.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as entre 1965 e 1974
VETERÁN/A C: Atletas nados/as no ano 1964 e anteriores.

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada.es

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 9:00h.

TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino DENDE XUVENIL ata VETERÁN.
Trofeo e premio para ós 7 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Proba Masculina Proba feminina
1º. Trofeo + 250€. 1º. Trofeo + 250€.
2º. Trofeo + 200€. 2º. Trofeo + 200€.
3º. Trofeo + 150€. 3º. Trofeo + 150€.
4º Trofeo + 125€. 4º. Trofeo + 125€.
5º. Trofeo + 100€. 5º. Trofeo + 100€.
6º. Trofeo + 75€. 6º. Trofeo + 75€.
7º. Trofeo + 50€. 7º. Trofeo + 50€.


CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina dende BENXAMÍN ata CADETES.
Medallas para todos os participantes da categoría PITUFOS e PREBENXAMIN (ata fin de existencias).