O Concello da Pobra de Trives organiza a ANDAÍNA FESTA DA BICA con saída na praza do Concello o día 26 de xullo de 2026 e chegada na estación de montaña de Cabeza Grande de Manzaneda.Consta de unha distancia aproximada de 15 km. O nivel de dificultade será media con un desnivel acumulado aproximado de 867 m. A saída será ás 08,15h da mañá e haberá avituallamentos, líquido e sólido.
Recollida de dorsais as 7:45 h.
Saída ás 8,15h da Praza do ConcellO
Chegada á Estación de montaña de Cabeza Grande de Manzaneda sobre as 12,00h. (recepción e subida en autobús ao cumio da estación)
O percorrido estará sinalizado con BALIZA identificando a ruta a seguir e estarán controlados polas agrupacións de protección civil voluntarias. Ao longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen
oportunos. É RESPONSABILIDADE DE CADA PARTICIPANTE LOCALIZAR A SINALIZACIÓN E SEGUILA. Dende a organización incidimos no respeto polo medio ambiente e o entorno no cal se desenvolve a proba, e polo cal, solicitamos aos participantes que fagan uso dos contedores de lixo habilitados pola organización nas zonas de avituallamento onde depositar os residuos. É obriga de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta oulugares sinalados nos avituallamentos.
Requisitos para participar: - Ser maior de idade no día da proba e contar con unha mínima condición física para afontar a disciplina e dispoñer do material mínimo esixible (zapatillas adecuadas…), así como realizar correctamente tódolos pasos e requisitos esixidos para a inscripción.
HABERÁ SERVIZO DE AUTOBUS