Información - O GRAN CAMIÑO

Información - O GRAN CAMIÑO

Os Concellos de Arzúa e O Pino organizarán o sábado 6 de xullo de 2019 a III edición do Medio Maratón «O Gran Camiño», proba que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (NON homologada). A proba dará comenzo ás 19:00 horas da tarde e transcorrirá polo “Camiño de Santiago” íntegramente.

A saída estará ubicada na localidade de Arzúa, antepenúltimo punto do Camiño Francés a Santiago de Compostela. A meta estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo (Praza de Forcarei en Arca (Pedrouzo). O circuito transcurrirá pola penúltima etapa do Camiño de Santiago.  

O peche de control da proba realizarase ás 21:45 horas (2 horas e 45 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición

Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido aproximadamente nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e Meta para favorecer a hidratación dos participantes. Estos puntos poderán moverse levemente dos puntos kilométricos indicados en función da orografía do percorrido.

A organización porá a disposición dos participantes avituallamentos intermedios e na meta, servizo de guardarroupa na zona de saída e meta que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA.

OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O LUGAR DE META (PRAZA DE FORCAREI EN ARCA-PEDROUZO) CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 17.15 HORAS DA TARDE E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA UBICADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO EN ARZÚA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 18.30 HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE.

 Haberá servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal de Reboredo  e no Campo de Fútbol Municipal ubicado a carón do polideportivo desde ás 18.00 ata as 22.30 horas da noite.

Realizaranse ás seguintes clasificacións:

  • Clasificación xeral absoluta
  • Clasificación por categorías Masculina e Femenina

Categoría

Posto

Trofeo

Premio

Absoluta homes/mulleres

1º/ª

Si

300 €

Absoluta homes/mulleres

2º/ª

Si

200 €

Absoluta homes/mulleres

3º/ª

Si

150 €

Absoluta homes/mulleres

4º/ª

Non

100 €

Absoluta homes/mulleres

5º/ª

Non

75 €

CLUBES

 

Categoría

Posto

Trofeo

Premio

Clubes Absoluta

Si

250 €

Clubes Absoluta 

Si

175 €

Clubes Absoluta

Si

100 €

Clubes Absoluta

Non

75 €

Clubes Absoluta

Non

50 €