Información - PEQUETRAIL DE LOUSAME 2022

Información - PEQUETRAIL DE LOUSAME 2022

O Concello de Lousame, organiza o TRAIL DE LOUSAME 2022, que se celebrará os días 3 de novembro (PEQUETRAIL), 11 de de decembro (TRAIL) E ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE ASGPOH (saída praza do concello) o 17 de decembro, con saída e chegada no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. Na semana da carreira, unha vez finalizadas as inscricións, a organización enviará un email a cada participante con toda a información sobre o evento.

Sábado 3 de decembro 2022 PEQUETRAIL
o Saída PEQUETRAIL ás 16:00 H polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva).
o Entrega de premios a partir das 18:00 no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva).

PEQUETRAIL (para categorías de base) SÁBADO, 3 DE DECEMBRO
A partir das 16:00 h, con saída e chegada no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), e constará das seguintes probas: Cadete e xuvenil.- ( atletas nados entre os anos 2005 e 2008, inclusive ).-
7 Kms aprox. Alevín e infantil.- (atletas nados entre os anos 2009 e 2012, inclusive).- 2 Kms aprox.
Benxamín.- ( atletas nados nos anos 2013, 2014 e 2015 ).-1 km aprox. XABARÍNS.- (atletas nados nos anos 2016 e 2017).- 500 mts aprox.
Esta modalidade levarase a cabo sempre que se inscriba un número mínimo de participantes.