Información - SAN SILVESTRE XALLEIRA SOLIDARIA SANTA COMBA 2019

A Carreira Pedreste “San Silvestre Xalleira Solidaria 2019” é unha iniciativa da Clube CorreXallas coa colaboración do Concello de Santa Comba, que ten por obxectivo fomentar a
práctica deportiva en tempo de Nadal, dunha maneira lúdica coa finalidade de recadar fondos con fins solidarios; no caso desta edición 2019, para os/as familiares de enferm@s de Alzheimer da Terra do Xallas. Estes familiares serán os destinatarios da totalidade da inscricións. 

Desde a organización quere resaltarse o carácter lúdico deste evento deportivo, e anímase aos/ás participantes a poder asistir distfrazados/as ás Carreiras e á Andaina da Familia (non competitiva).

CIRCUITOS POR CATEGORIAS:
1.- Circuito de 5k; lonxitude aproximada de 5 km. O percorrido ten superficie de asfalto. Percorre
diferentes rúas do casco urbano xalleiro. Os participantes completarán unha volta.
2.- Circuito 3k; lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os corredores
completarán unha volta.
3.- Circuito Sub 12: Lonxitude aproximada 1 km, con superficie de asfalto 100%.
4.- Circuito Pitufos/as: Lonxitude aproximada 300m, con superficie total de asfalto 100%.
5.- ANDAINA DA FAMILA: Lonxitude aproximada, 10km, con superficie 80% de terra e 20 %
asfalto.