Información - SIN SON 10K

Información - SIN SON 10K

O Concello de Porto do Son organiza a carreira popular SIN-SON 10K a cal estará incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

Na edición de este ano 2019, a SIN-SON 10K contar coas seguintes modalidades.

SÁBADO 21 DE DECEMBRO

SIN-SON ESCOLARES

As carreiras escolares disputaranse, na localidade de Porto do Son o sábado día 21, a partir das 16:30 h. a saída e meta estará na zona portuaria. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A recollida de dorsais efectuarase dende as 15:30  h da tarde na localidade de Porto do Son (zona portuaria) onde estará instalada a Meta.

As categorías e o horario das carreiras, é o seguinte:

HORA

CATEGORÍA

ANOS

DISTANCIA

16:30h

SUB 16/CADETE

2004-2005

2.000M

16:45h

SUB 14/INFANTIL

2006-2007

2.000M

17:00h

SUB 12/ALEVÍN

2008-2009

1.000M

17:10h

SUB 10/BENXAMÍN

2010-2011

500M

17:20h

PRE-BENXAMÍN

2012-2013-2014

300M

17:30

CHUPETE

2015 E POSTERIORES

100M

A organización establecerá os seguintes premios e obsequios:

  • Trofeo para @s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas.
  • En categoría chupete e  prebenxamín haberá medallas para todos os participantes, e non haberá trofeos (sen ánimo competitivo).

DOMINGO 22 DE DECEMBRO

SIN-SON 10K ABSOLUTA

A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON.

A proba absoluta 10K, ten un límite de 2000 participantes.

Os participantes da proba absoluta 10K, patins e hand-bike, que se anoten antes do 2 de decembro, poderán elixir o punto para a recollida do dorsal nas seguintes localidades:

  • A CORUÑA-> MARATHON RUNNING SHOP
  • PONTEVEDRA-> MILER VINTAGE RUNNING CLUB
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA-> DECATHLON
  • VIGO-> BIKILA

A recollida farase a partir do 10 de decembro e ata o 14 de decembro; en caso de non poder pasar a recollelos nesas datas, terán que recollelos en Porto do Son ou en Portosin.

Para o resto de participantes e aqueles que non escolleran localidade de recollida, os puntos para a recollida, son:

O sábado 21 de decembro en Porto do Son, na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 18:00 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.

O domingo 22 de decembro, en Portosín, en horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto  da zona de saída.

Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:

  • Porto do Son o día 21 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 18:00 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
  • Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto  da zona de saída.

Recoméndase que, na medida do posible, fágase a recollida previamente por razóns operativas.

O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.

Estableceranse as seguintes categorías de competición:

  • JÚNIOR: Nados/ as entre 2000 e 2003
  • SÉNIOR: Nados/as  dende 1999 ata ter cumplidos 34 anos.
  • VETERANOS A: Desde o día que cumpran 35 anos ata 40 anos.
  • VETERANO  B: Atletas de idades comprendidas entre os 41 e 50 anos.
  • VETERANO  C: Atletas de 51 anos en diante.

A organización establecerá os seguintes premios e obsequios:

PREMIOS Á XERAL (premios en metálico)

  • 1º Clasificado/a: Trofeo, 500€.
  • 2º Clasificado/a: Trofeo, 400€.
  • 3º Clasificado/a: Trofeo, 300€.
  • 4º Clasificado/a: 200€.
  • 5º Clasificado/a: 100€.

Tres primeiros sonenses: (requisito, estar empadroado, no  Concello de Porto do Son,  como mínimo, durante os últimos 365 días anteriores á carreira e marcar campo correspondente na inscrición).

  • 1º Clasificado/a. Trofeo, 100€. en material deportivo.
  • 2º Clasificado/a. Trofeo, 75€. en material deportivo.
  • 3º Clasificado/a. Trofeo, 50€.en material deportivo.

Trofeo para  l@ s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas no presente regulamento.

Trofeo para os tres primeiros sonenses homes e mulleres da xeral.

Trofeo ao club máis numeroso.

SIN-SON 10K PATINADORES

A carreira en patíns, disputaráse no mesmo circuito que a carreira absoluta sobre unha de 10 km entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A saída da carreira será as 10:50.

Os participantes que se anoten antes do 2 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: « Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Vigo»; a partir do 10 de decembro ata o 14 de decembro; poderán facer efectiva a recollida.

Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:

  • Porto do Son o día 21 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 18:00 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
  • Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto  da zona de saída.

Recoméndase que, na medida do posible, fágase a recollida previamente por razóns operativas.

O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.

Haberá  dúas categorías:  Xeral Masculina e  Xeral Feminina,  na que competirán todas  as  idades  co requisito de ser  maior de 16 anos.

É obrigatorio o uso de casco.

Premios

Trofeo 1 patinador masculino e femenina

Trofeo 2 patinador masculino e femenina

Trofeo 3 patinador masculino e femenina

SIN-SON 10K HAND BIKE

A carreira HAND-BIKE, disputaráse no mesmo circuito que a carreira absoluta sobre unha de 10 km entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A saída da carreira será as 10:50.

Os participantes que se anoten antes do 2 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: « Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Vigo»; a partir do 10 de decembro ata o 14 de decembro; poderán facer efectiva a recollida.

Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:

  • Porto do Son o día 21 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 18:00 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
  • Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto  da zona de saída.

Recoméndase que, na medida do posible, fágase a recollida previamente por razóns operativas.

O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.

Haberá só unha categoría de exhibición, sin clasificacións

É obrigatorio o uso de casco.