Información  - TRAIL CONCELLO DE LOUSAME 2023

Información - TRAIL CONCELLO DE LOUSAME 2023

TRAIL DE LOUSAME 2023 

Terá lugar o día 31 de Decembro de 2023 a partir das 10:00 h, con distancias CURTA de aprox 14 km E LONGA de 25km aprox.

Terá como lugar de saída no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra ( A Silva)

Trail Longo: 12€ , Saída as 10:00 h  , máximo 300 persoas , haberá 2 Avituallamentos

Trail Curto : 8€ Saída as 11:00 h , máximo 300 persoas, haberá 3 Avituallamentos

Dende a organización aconséllase que cada corredor leve dispositivo GPS ( a organización facilitará o track do trail) teléfono móbil e o seu propio recipiente para liquidos ademáis de manta térmica, xa que nos avituallamentos non haberá vasos de plástico. 

Premios en ambalas dúas distancias. 

1º, 2º e 3º clasificado en Categoría Masculina, e 1ª, 2ª e 3ª clasificada en Categoría feminina, 1º atleta empadroado en Lousame e 1ª atleta empadroada en Lousame