Información - TRAIL NOCTURNO DE BOBORÁS

Información - TRAIL NOCTURNO DE BOBORÁS

O Concello de Boborás organizará o sábado 2 de novembro de 2019 o  Trail Nocturno de Boborás. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

  • DISTANCIAS16,10 km aprox.
  • DESNIVEL POSITIVO735 m aprox.
  • DESNIVEL ACUMULADO: 1115 m aprox.

Os dorsais poderán recollerse a partir das 16:30 horas no polideportivo municipal de Boborás (pista polideportiva (no caso de choiva no interior do polideportivo municipal).

Os participantes serán trasladados desde o polideportivo municipal de Boborás (lugar de meta) ata as inmediacións da Ponte da Cruz

Estableceranse os seguintes premios e agasallos:

  • Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente reglamento.
  • Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
  • AGASALLO TÉCNICO pola participación no Trail; poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses.

PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS

EQUIPOS MIXTOS

IMPORTE PREMIO

1º EQUIPO CLASIFICADO

125,00 €

2º EQUIPO CLASIFICADO

100,00 €

3º EQUIPO CLASIFICADO

75,00 €

4º EQUIPO CLASIFICADO

60,00 €

PREMIOS ESPECIAIS A EQUIPOS / CLUBES:  Darase trofeo aos 3 primeiros equipos tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria) e premio en metálico aos 4 primeiros clubes da clasificación do Trail.

Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.