Informação  - V ANDAINA SOLIDARIA EN FAVOR DO POBO SAHARAUÍ. VACACIÓNS EN PAZ 2026

Informação - V ANDAINA SOLIDARIA EN FAVOR DO POBO SAHARAUÍ. VACACIÓNS EN PAZ 2026

“Solidaridade Galega co Pobo Saharaui”, SOGAPS, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a “V Andaina Solidaria en favor do pobo saharauí. Vacacións en Paz 2026” , 

sábado 22 de agosto de 2026.

A proba organízase a beneficio de SOGAPS, que recibirá o 100% do recadado a travésdas inscricións.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen distinción de idade ou sexo sempre que se inscriban axeitadamente. As persoas participantes menores de idade deberán cumprimentar unha autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder participar. Esta autorización deberá presentarse no momento da recollida da pulseira de participación. No caso de non presentar dita autorización, non será posible a participación na proba, non sendo reembolsable o importe da mesma.

Non se permite a presenza de animais de compañía. Non está permitido participar no evento acompañado dun animal (can, gato...)


Se non podes participar, podes facer a túa aportación de colaboración a través do Dorsal 0.

Saída e chegada a Praza Castelao

Establécense 2 percorridos na contorna do paseo marítimo e a senda litoral de Taragoña.
1 Percorrido verde: 5 km.
2 Percorrido Vermello: 11 km.
A saída do evento realizarase despois da actuación dos Gaiteiros de Fogo Fatuo, a partir das 10:00 horas.