Informació  - V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLO PÁRKINSON

Informació - V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLO PÁRKINSON

A "Carreira e andaina solidaria polo párkinson" é unha actividade organizada pola Asociación Parkinson Galicia-Coruña consistente nunha carreira e unha andaina polo paseo marítimo do Burgo, nas modalidades e distancias que se describen neste regulamento. A celebración terá lugar na mañá do domingo 18 de outubro do 2026, con saía e meta na Av. Xoán Carlos I, 15670 - O Burgo, Culleredo - A Coruña (á altura das pistas de fútbol e baloncesto, onde o parque infantil).

A actividade conta con dúas modalidades:


Unha carreira de 10 quilómetros (dúas voltas de 5 quilómetros) que contará con dúas categorías, masculina e feminina, abertas á participación de calquera persoa maior de idade

Unha andaina de 4 quilómetros que é unha modalidade non competitiva e está aberta á participación de persoas de calquera idade.

HORARIO DE SAÍDA 10.30

Os menores de idade deberán encher unha autorización paterna, materna ou do/da titor/a legal para poder participar na andaina. Esta deberá ser presentada no momento da recollida do dorsal. No caso de non presentar a dita autorización, non será posible a participación do/a menor, non sendo reembolsable o importe da inscripción. Os modelos a encher están dispoñibles no apartado de descargas

Establécense as seguintes canles de comunicación para as persoas participantes coa organización:
• Correo electrónico: comunicacion@parkinsongaliciacoruna.org
• Teléfono ou WhatsApp: 618 95 01 28