Información - V CARREIRA POPULAR «PILAR BARREIRO SENRA»

Información - V CARREIRA POPULAR «PILAR BARREIRO SENRA»

O Concello de Lousame organiza a V CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO SENRA” LOUSAME 2019 que se celebrará o domingo, 3 de novembro, na localidade de
Portobravo, no entorno da praza D. Teodomiro Hidalgo. 

A proba en categoría absoluta disputarase sobre una distancia de 2 voltas de 5 kms (10 Kms) e poderán participar atletas federados e non federados.

Dorsais
A recollida de dorsais levarase a cabo o mesmo día da proba, a partir das 9:00 h., na Praza D. Teodomiro Hidalgo ( praza do concello ). É imprescindible presentar o D.N.I. ou documento acreditativo (licenza, permiso de condución, ….) para a recollida do dorsal.

Está completamente prohibido participar na carreira cun dorsal doutra persoa. A organización non se fará responsable dese corredor/a, e no caso de apreciar esa neglixencia, será expulsado, do circuito da carreira, inmediatamente.

Duchas
Ó longo da mañá, os/as atletas terán a súa disposición o servizo de duchas, no Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, situado a 2 kms da meta. (estará
perfectamente sinalizado)

Gardarroupa

Haberá servizo de gardarroupa, para o cal entregarase na bolsa de corredor unha pegatina identificativa.