O Concello de Dumbría en colaboración co equipo Conco Box organizan a proba deportiva popular (proba deportiva a nivel popular de atletismo de cross con obstáculos) denominada: «V» CROSS DE OBSTÁCULOS TERRAS DO VÁKNER »,
DATA E HORARIOS
A data de celebración elixida para o evento é o vindeiro sábado 14 de xuño.
Os horarios das distintas carreiras son os seguintes:
Carreira de base: 17,00h
Carreira curta : 17,30h
Carreira longa : 18,15 h
Entrega de medallas: 19,30 h
Saída e Chegada no circuíto de cross das instalacións deportivas do Conco (DUMBRIA), en formato de proba deportiva popular (proba deportiva con control de tempos).
A cota de inscrición para a carreira será de 25,00 €
CARREIRA CATEGORIAS DE BASE 1,5 KM: Nesta categoría poderán participar nenos e nenas nados entre os anos 2009 a 2015. Esta carreira non será competitiva nin terá clasificación, tódolos corredores terán de regalo unha medalla conmemorativa do evento. A inscrición para esta categoría é gratuíta. Límite de prazas 100. Haberá voluntarios da organización en cada obstáculo para que os participantes os superen se fose necesario
OPCIÓN 1 PERCORRIDO LONGO
Circuíto cunha distancia total de 7,5km. 2 voltas a un circuíto de 3,750 km aprox. por volta. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar. Limite 150 corredores/as
OPCIÓN 2 PERCORRIDO CURTO
Circuíto cunha distancia total de 3,750km. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar. Limite 150 corredores/as
No momento de realizar a inscrición, os corredores/as só poderán anotarse a unha das distancias.
CATEGORÍAS E TROFEOS
CARREIRA CURTA:
Optan a esta clasificación todos/as atletas participantes na proba. Recibirán trofeo os tres primeiros/as clasificados/as nas seguintes categorías.
- SUB 18: Ter entre 16 e 18 anos cumpridos o día da proba.
- ABSOLUTA: A partir dos 16 anos cumpridos o día da proba.
* As clasificacións non son acumulables, a categoría principal é a absoluta. O deportista que se clasifique entre os tres primeiros na categoría absoluta recibirá o trofeo nesa categoría, non optando ao premio nas noutras categorías. (SUB 18)
CARREIRA LONGA:
Optan a esta clasificación todos/as atletas participantes na proba. Recibirán trofeo os tres primeiros/as clasificados/as nas seguintes categorías:
- SUB 18: Ter entre 16 e 18 anos cumpridos o día da proba
- ABSOLUTA: A partir dos 16 anos cumpridos o día da proba.
- MASTER 1: Ter entre 40 e 50 anos cumpridos o día da proba.
- MASTER 2: Ter máis de 50 anos cumpridos o día da proba.
* As clasificacións non son acumulables, a categoría principal é a absoluta. O deportista que se clasifique entre os tres primeiros na categoría absoluta recibirá o trofeo nesa categoría, non optando ao premio nas noutras categorías. (SUB 18, MASTER 1, MASTER 2).