Información  - VI RUTA BTTROITA PONTE CALDELAS

Información - VI RUTA BTTROITA PONTE CALDELAS

A VI Ruta BTTroita PONTE CALDELAS é unha marcha non competitiva que terá a súa saída oficial ás 09:30 horas do domingo día 27 de OUTUBRO de 2019 dende a Alameda de PonteCaldelas organizada pola empresa GLOBAL DXT en colaboración co Concello de Ponte Caldelas.

A organización establece as 14:30 horas, como hora límite de remate da marcha.

A inscripción da dereito á participación, avituallamentos, duchas, lavado de bicis, seguro de responsabilidade civil da marcha e seguro de accidentes. Esta é unha marcha NON FEDERADA.

A ruta conta cun avituallamento sólido-liquido á metade e o finalizar a mesma outro avituallamento sólido líquido.

Procederase ó finalizar a ruta, á entrega de agasallos para o grupo mais numeroso, o participante mais vello e o participante mais novo.

A recollida de dorsais realizaráse no lugar da saída entre as 8:15 e as 9:15 horas o día 13 de outubro de 2019.

É obrigatorio levar o dorsal en lugar ben visible o día da ruta así como o uso do CASCO PROTECTOR. NON SE PERMITIRÁ A SAÍDA A NINGÚN PARTICIPANTE SEN CASCO.

O percorrido da proba descorre casi na súa totalidade por sendeiros, camiños e pistas, pero non está pechado ao tráfico, polo que os participantes deberán cumprir as leis de seguridade vial e o código de circulación. A Organización non se fai responsable das neglixencias dos participantes que non cumpran dita Lei, nin solidaria ni subsidiariamente; así coma dos accidentes provocados polos mesmos. Ademais, as forzas do orden poderan decidir que calquera participante que non cumpra as normas viarias, abandone a proba. 

Cada participante, se compromete a respectar o código de circulación e regulamento da proba. No caso de infracción será o único responsable do accidente, incluso a terceiros.

A marcha está considerada dun nivel físico medio polo que a organización recomenda a todo participante, un entrenamento específico para a participación nela, así como a realización de controis físicos periódicos.

O percorrido desenrolarase por terreos naturais, polo que a organización prega, a todo participante, que para que poidamos seguer desfrutando destos marabillosas paraxes, o deixemos todo ben limpo e non tiremos papeis e lixo ao chan, depositando os nosos desperdicios nos lugares previstos ao efecto. Respectando asi a normativa vixente en canto o uso dos montes.

Os primeiros metros incluen un tramo urban, que será neutralizado; o resto será libre. Non obstante, a organización se reserva o dereito de modificar o percorrido, kilometraxe e a data da proba se fose preciso.