A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a a VII Andaina da Subida, que se celebrará o domingo 6 de setembro de 2026 con saída de Campo de
Pasos –Taragoña e chegada ao Campo Maneiro. A saída darase as 09:00 horas.
A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición.
A idade mínima para poder participar será de 18 anos e a idade máxima de 75 anos. Os que teñan 14 anos ou máis, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.
Deberás descargar a autorización no apartado descargas en enviala por mail a castrobarbudo@gmail.com
Recomendamos que aparquedes no Campo Maneiro e baixedes xa na bici a Campo de Pazos.
As comunicacións realizaranse pola páxina da Peña: www.castrobarbudo.com ou polo Facebook: www.facebook.com/castrobarbudoPC