Información  - VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO

Información - VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO

O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a VII Carreira Popular Concello de Rianxo, o venres 1 de novembro de 2019. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
IV Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.

DISTANCIAS E HORARIOS

Saída e chegada Praza Castelao. Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m.
2. Percorrido verde: 500 m.
3. Percorrido azul: 750 m.
4. Percorrido laranxa: 2.700 m.
5. Percorrido vermello: 7.300 m.

Premios
A Clasificación e Premios do circuíto regúlanse no Artigo 6 do Regulamento do IV Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.
Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:

Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Trofeos

Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes.

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:

1º-150 €

2º-100 €

3º-50 €

Agasallos

Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e máster recibirán un agasallo técnico.