VII Nocturna do Xalo é unha actividade deportiva organizada pola Asociación Castelo Deporte consistente nunha carreira e unha andaina polo Monte Xalo, a celebrar na tarde do sábado 22 de novembro de 2025 no monte comunal de Castelo, no Monte Xalo, con saída e meta na polideportiva de Castelo, no lugar de Folgueira.
Carreira ( maiores de idade ) 12 quilómetros. Andaina ( todas as idades ) 8 quilómetros. Os desniveis dos percorridos serán publicados antes da proba a través da páxina web da Asociación Castelo Deporte (www.castelodeporte.gal). O prazo de inscricións pechará o martes 18 de novembro ou cando se cubran todas as prazas dispoñibles para cada unha das modalidades, que se fixan en 150 para a carreira e 300 para a andaina.
As inscricións terán un prezo de 20 euros, independentemente da modalidade e da idade das e dos participantes.
Os percorridos, das distancias sinaladas, estarán sinalizados a través de cintas de balizaxe reflectantes. Non se publicarán tracks nin descricións detalladas dos mesmos.
As e os participantes contarán con servizos de avituallamento líquido e sólido ao longo dos percorridos, cuxa ubicación será publicada antes da celebración da proba a través da páxina web da Asociación Castelo Deporte (www.castelodeporte.gal), así como na chegada. A organización permite a posibilidade de que cada participante asista co seu propio avituallamento líquido ou sólido.
Cada participante deberá contar cunha lanterna frontal para participar na proba, así como cun teléfono móbil, que levará activo desde o comezo e ata o remate da actividade. A organización poderá requerir as comprobacións precisas para garantir estas condicións.
Recibirán un trofeo as persoas clasificadas nas tres primeiras posicións de cada modalidade a partir dos resultados provisionais. Ao remate da proba, celebrarase unha cerimonia de entrega de trofeos, na que se fará entrega dos mesmos.
A Nocturna do Xalo ofrecerá ás e aos participantes os seguintes servizos:
• Avituallamentos sólidos e líquidos
• Duchas
• Aparcadoiro a 100 metros da zona de saída e meta
• Barra de bebida