Información - VIII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO MORAÑA

Información - VIII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO MORAÑA

O Concello de Moraña, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña e o Club Moraña en Ruta, e coa Deputación de Pontevedra, organizan a VIII Carreira Carneiro ó Espeto 2022, que terá lugar o domingo 24 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situada a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría. O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.

Ás 10:30 será a primeira carreira.

A entrega de premios será a partir das 13:15 h.         

Haberá un premio de 200 euros para o clube con máis participantes, que rematen a carreira de 10 Km. Mínimo 20 atletas.

Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.

A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas participantes a partir das 12:30 h

Por motivo de restriccións de tráfico, este ano modifcase o percorrido, mantendo as distancias de 5Km e 10Km como nas ediccións anteriores.