SÁBADO 28 DE NOVEMBRO DE 2026 · 19:00 HORAS
A Asociación Castelo Deporte organiza a VIII Nocturna do Xalo, unha actividade deportiva que combina carreira e andaina nocturna polo Monte Xalo, no concello de Culleredo (A Coruña).
A proba desenvolverase na tarde-noite do sábado 28 de novembro de 2026, con saída e meta na polideportiva de Castelo, no lugar de Folgueira.
1. INFORMACIÓN XERAL
-
Organiza: Asociación Castelo Deporte.
-
Data: sábado 28 de novembro de 2026.
-
Hora de saída: 19:00 h.
-
Saída e meta: Polideportiva de Castelo, Folgueira (Culleredo).
-
Modalidades: carreira de 12 km e andaina de 8 km.
-
Prezo: 22 € por participante.
-
Peche de inscricións: martes 24 de novembro de 2026 ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
2. MODALIDADES E CATEGORÍAS
CARREIRA DE 12 KM
-
Distancia: 12 quilómetros.
-
Modalidade competitiva.
-
Participación para persoas maiores de idade.
-
Categorías masculina e feminina.
-
Cronometraxe electrónica a cargo de Emesports.
-
Límite inicial de 150 participantes.
ANDAINA DE 8 KM
-
Distancia: 8 quilómetros.
-
Modalidade non competitiva.
-
Aberta a persoas de todas as idades.
-
Sen clasificación nin entrega de trofeos.
-
Límite inicial de 300 participantes.
A organización resérvase o dereito de ampliar ou reducir o número de prazas durante o período de inscrición.
3. INSCRICIÓNS E PREZOS
O prezo da inscrición é de 22 € por persoa, independentemente da modalidade e da idade.
As inscricións realizaranse exclusivamente a través das seguintes páxinas web:
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 24 de novembro de 2026, salvo que se esgoten antes as prazas dispoñibles.
A INSCRICIÓN INCLÚE:
-
Seguro de accidentes durante a actividade.
-
Dorsal de participación.
-
Sistema de cronometraxe integrado no dorsal da carreira.
-
Agasallo conmemorativo.
-
Avituallamentos sólidos e líquidos.
-
Servizo de duchas.
-
Tícket para a cea que terá lugar ao remate da proba na polideportiva de Castelo.
4. PERCORRIDOS E AVITUALLAMENTOS
Os percorridos desenvolveranse polo Monte Xalo e estarán sinalizados mediante cintas de balizaxe reflectantes.
Non se publicarán tracks nin descricións detalladas dos itinerarios.
Os desniveis dos percorridos serán publicados antes da celebración da proba na páxina web da Asociación Castelo Deporte.
As persoas participantes disporán de avituallamentos líquidos e sólidos ao longo dos percorridos e na chegada.
A localización dos puntos de avituallamento comunicarase antes da proba a través da web oficial da organización.
Permítese que cada participante leve o seu propio avituallamento líquido ou sólido.
5. PUNTOS DE CONTROL E LÍMITES HORARIOS
A organización poderá establecer puntos de control ao longo dos percorridos para verificar o paso das persoas participantes polo itinerario sinalizado.
Tamén poderá establecer límites horarios co obxectivo de garantir a seguridade das persoas participantes e do persoal da organización.
É obrigatorio respectar o itinerario establecido e atender as indicacións do persoal da organización.
6. MATERIAL OBRIGATORIO
Todas as persoas participantes, tanto na carreira como na andaina, deberán levar obrigatoriamente:
-
Lanterna frontal.
-
Teléfono móbil acendido desde o inicio ata o remate da actividade.
A organización poderá realizar comprobacións para verificar que se cumpren estas condicións.
MATERIAL RECOMENDADO
-
Calzado axeitado para correr ou camiñar polo monte.
-
Roupa de abrigo.
-
Roupa impermeable.
-
Roupa de reposto.
En función das condicións meteorolóxicas, a organización poderá realizar recomendacións adicionais.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse antes do comezo da proba.
Os horarios de recollida serán comunicados a través da páxina web da Asociación Castelo Deporte ou mediante correo electrónico ás persoas participantes.
O dorsal deberá levarse visible durante toda a actividade, sen recortar, dobrar nin modificar.
Non está permitida a participación co dorsal doutra persoa.
8. TROFEOS E CERIMONIA DE ENTREGA DE PREMIOS
A carreira de 12 km é a única modalidade competitiva da Nocturna do Xalo.
Establécense dúas categorías:
CATEGORÍA MASCULINA
-
Trofeo para o primeiro clasificado.
-
Trofeo para o segundo clasificado.
-
Trofeo para o terceiro clasificado.
CATEGORÍA FEMININA
-
Trofeo para a primeira clasificada.
-
Trofeo para a segunda clasificada.
-
Trofeo para a terceira clasificada.
A andaina de 8 km é non competitiva e non contará con clasificación nin entrega de trofeos.
Ao remate da proba celebrarase a cerimonia de entrega de premios, tomando como referencia os resultados provisionais da carreira.
9. CRONOMETRAXE E RESULTADOS
A carreira contará cun sistema de cronometraxe electrónica a cargo de Emesports.
Os resultados provisionais publicaranse na zona de saída e meta ao remate da proba.
A Asociación Castelo Deporte publicará os resultados provisionais na súa páxina web nas 24 horas posteriores á finalización da actividade.
Os resultados definitivos publicaranse unha vez rematado o prazo de reclamacións.
As reclamacións sobre os resultados poderán presentarse verbalmente ante a empresa de cronometraxe nas dúas horas seguintes ao remate da proba ou por escrito ao correo nocturnadoxalo@castelodeporte.gal nas 48 horas posteriores.
10. SEGURO DE CANCELACIÓN OU MODIFICACIÓN
A organización ofrece a posibilidade de contratar un seguro opcional de cancelación ou modificación da inscrición por 3 € adicionais.
COMO CONTRATALO?
O seguro deberá solicitarse directamente á organización durante as 72 horas posteriores á realización da inscrición.
Podes contactar a través de:
-
Correo electrónico: nocturnadoxalo@castelodeporte.gal
-
Teléfono ou WhatsApp: 689 882 972
A organización facilitará as indicacións para formalizar a súa contratación.
QUE PERMITE O SEGURO?
-
Cancelar a inscrición con devolución do importe da mesma.
-
Modificar os datos da inscrición ou realizar un cambio de participante.
-
Solicitar a cancelación ou modificación ata 24 horas antes da celebración da proba.
IMPORTANTE: Sen a contratación deste seguro non se realizarán devolucións nin se tramitarán cancelacións ou modificacións, mesmo por causas de forza maior.
11. SEGURIDADE E ASISTENCIA SANITARIA
A organización contará con persoal especializado en determinados puntos do percorrido para velar pola seguridade das persoas participantes.
Na zona de saída e meta haberá un servizo de ambulancia medicalizada.
En caso de accidente, independentemente da súa gravidade, deberá comunicarse ao persoal da organización o antes posible.
En caso de abandono voluntario, será obrigatorio informar ao persoal da organización ou contactar co teléfono 689 882 972, seguindo as indicacións recibidas para regresar á zona de saída e meta.
A organización poderá obrigar a abandonar a actividade cando considere que as condicións físicas ou técnicas dunha persoa participante comprometen a súa seguridade.
12. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Todas as persoas participantes deberán:
-
Respectar o percorrido sinalizado.
-
Atender as indicacións do persoal da organización.
-
Levar o dorsal visible durante toda a actividade.
-
Dispoñer do material obrigatorio.
-
Prestar auxilio a outras persoas participantes que o precisen.
-
Respectar o medio ambiente e non tirar lixo.
-
Non modificar nin retirar a sinalización do percorrido.
-
Respectar os puntos de control e os posibles límites horarios.
O incumprimento destas normas poderá supoñer a descualificación da proba.
Cada persoa inscrita participa baixo a súa responsabilidade, polo que se recomenda comprobar previamente que conta cunha condición física axeitada para a actividade.
13. SERVIZOS PARA PARTICIPANTES
A Nocturna do Xalo ofrecerá:
-
Avituallamentos sólidos e líquidos.
-
Servizo de duchas.
-
Aparcadoiro situado a aproximadamente 100 metros da zona de saída e meta.
-
Barra de bebidas.
-
Agasallo conmemorativo.
-
Cea ao remate da actividade, incluída na inscrición.
14. CANCELACIÓN OU APRAZAMENTO DA PROBA
En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a organización resérvase o dereito de cancelar ou aprazar a actividade.
En caso de cancelación, devolverase o importe da inscrición. Non obstante, se a cancelación se comunica con menos de sete días de antelación, a organización poderá realizar unha devolución parcial para cubrir os custos non recuperables.
En caso de aprazamento, as persoas participantes terán dereito a cancelar gratuitamente a súa inscrición e solicitar a devolución do importe.
15. CONTACTO COA ORGANIZACIÓN
ASOCIACIÓN CASTELO DEPORTE
Castelo – Folgueira
15139 Culleredo (A Coruña)
Correo electrónico: nocturnadoxalo@castelodeporte.gal
Teléfono / WhatsApp: 689 882 972
Web oficial: www.castelodeporte.gal
Para consultas relacionadas coa actividade, a organización establece como canles oficiais de comunicación o correo electrónico e o teléfono/WhatsApp indicados.
A formalización da inscrición implica a aceptación do regulamento oficial da VIII Nocturna do Xalo 2026.
PREPARA A TÚA FRONTAL E VIVE UNHA NOITE DIFERENTE NO MONTE XALO!
VÉMONOS NO XALO!