Información - VIII NOCTURNA ESTRADENSE 2019

Información - VIII NOCTURNA ESTRADENSE 2019

O Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A Estrada e CAI A Estrada, organizan o sábado día 22 de Xuño a VIII Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba será a primeira carreira puntuable para o VII Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas as categorías.

A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2019 nun circuito urbano de asfalto de 4 km.

Nesta edición o participante terá duas opcións a hora de inscribirse: 4K, dando una volta o circuito ou 8K dando as duas voltas.

Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba nunha caseta habilitada para á organización da carreira, a partir das 19:00 horas na zona de saída/meta, que será o punto de saída e chegada