O Concello de Moraña, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña e o Club Moraña en Ruta, e coa Deputación de Pontevedra, organizan a X Carreira Carneiro ó Espeto 2025, que terá lugar o domingo 20 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situada a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).
A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.
O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría. O circuíto discorre polas seguintes rúas: Rúa 5, Rúa 6, Rúa 2, Rúa 1, Rúa 6, carretera Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, (vuelta 2) Rúa 6, carretera Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, Rúa 5.
Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:15 h.
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 10 minutos. Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.