Información - XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

Información - XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

O domingo 25 de agosto terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a 11ª edición da Carrreira popular deste Concello, que será á súa vez a 1ª proba do Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2019. Esta proba pertence tamén ao VII Circuito provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.

INFORMACIÓN

Para máis información poderán acudir ao Dpto. de Deportes do Concello da Pobra do Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no horario de 9:30h. a 14:30h.

Para información telefónica poderán empregar o telf./fax: 981 832 590 / 981 831 545 ou o teléfono móbil 619 229 946.

Tamén poden consultar información relativa a proba e ao Circuíto na páxina web http://www.arousa-norte.es .

 SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS

  • A saída das probas estará ubicada na rúa da Paz. A meta estará ubicada no interior da Praza Maior da Pobra.
  • A categoría Sub 12 e Sub 14, sairán conxuntamente coa categoría absoluta e terán a súa liña de saída 80 m. máis atrás da liña de saída principal. Entrarán na meta no primeiro paso por esta.
  • A categoría “Sapatilla inclusiva” sairán conxuntamente coa categoría absoluta e terán a súa liña de saída 80 m. máis atrás da liña de saída principal. Entrarán na meta ó completar a 1ª volta (5.400m.)
  • A categoría Sub 16 sairá conxuntamente coa categoría absoluta e entrarán na meta ó completar unha volta ó circuíto (5.400m.)
  • As categorías SUB 18SUB 20SUB 23SENIORMÁSTER 1, 2, 3 e 4, realizarán a saída na rúa da Paz e entrarán na meta situada na Praza Maior ó completar dúas voltas ó circuíto (10.000m. aprox.).

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 22 de agosto ás 14 horas.