O Concello de Moraña, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña e o Club Moraña en Ruta, e coa Deputación de Pontevedra, organizan a XII Carreira Carneiro ó Espeto 2026, que terá lugar o domingo 19 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situada a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).
A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.
O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. aproximadamente. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría. O circuíto discorre polas seguintes rúas: Rúa 5, Rúa 6, Rúa 2, Rúa 1, Rúa 6, carretera Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, (vuelta 2) Rúa 6, carretera Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, Rúa 5.
Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:10 h.
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 10 minutos. Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.

Premios:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da xeral, excepto os chupetes, que levarán todos medalla, o non ser unha proba competitiva.
Na de 5Km levarán trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos, así coma os tres primeiros clasificados/as da categoría Sub18.
Os premios non son acumulativos, excepto os dos corredores locais.
Haberá trofeos para a primeira parella masculina, feminina e mixta.
Haberá trofeo para o primeiro e primeira de Moraña da carreira absoluta 10 Km.
Haberá trofeo para o corredor ou corredora de máis idade.
Haberá Premios en metálico:
ABSOLUTOS M/F 1º 200€, 2º 100€ e 3º 50€
Haberá un premio de 100 euros para o club con máis participantes que rematen a carreira de 10 Km. Mínimo 20 atletas.
Teremos un premio especial de 100 euros para os atletas, masculino e feminino, que establezan un novo record: David de la Fuente 30:05 e Edymar Brea 34:37