Información - XII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

XII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
O domingo 29 de agosto de 2021, terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a
12ª edición da Carrreira popular deste Concello, organizada polo Concello da
Pobra do Caramiñal, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a
Federación Galega de Atletismo.
A carreira contará co protocolo Anticovid -19 (FISICOVID – DXT GALEGO)
As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non
federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación
Gallega de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:
1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
SUB 8 2014-2015
SUB 10 2012-2013
SUB 12
SUB 14

2010-2011
2008-2009 SUB 14 2008-2009
SUB 16 2006-2007
SUB 18 2004-2005
SUB 20 2002-2003
SUB 23 1999-2000-2001
SENIOR H/M de 1998 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 39 anos
MASTER 2 H/M de 40 a 44 anos
MASTER 3 H/M de 45 a 49 anos
MASTER 4 H/M de 50 a 54 anos
MASTER5 H/M de 55 a 59 anos
MÁSTER H/M Maiores de 60

anos.

-HORARIO DAS PROBAS:
HORA CATEGORÍA NADOS DISTANCIA
10.45 SUB 10 2012-2013 750 m.l.
11:00 SUB 12
SUB 14

2010-2011
2008-2009

1.370 m.l.
1.890 m.l.

11.15 SUB 16 2006-2007 3.900 m.l.
(1º paso por meta)

11:20 SUB 18 – SUB 20 –
SUB 23 – SENIOR –
MÁSTER 1, 2, 3 e 4 2005 e anteriores

8.000 m. aprox.
(2 voltas ó circuíto)
13.00 SUB 8 2014-2015 250 m.l. aprox.
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS

2- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
As inscricións realizaranse online a través da páxina web
www.emesports.es
Límite máximo de participantes:
- 50 participantes en cada unha das seguintes categorías: Sub 8, Sub 10, Sub
12, Sub 14 e Sub 16
-400 participantes nas categorías de adultos ((de sub 18 a máster)
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
 Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16 GRATUÍTO
 Adultos (de sub 18 a máster) 6 €
INFORMACIÓN
Para máis información poderán acudir ao Dpto. de Deportes do Concello da
Pobra do Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no
horario de 9:30h a 14:30h
Para información telefónica: 981832590/981831545 ou o teléfono móbil
619229946.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 26 de agosto ás 14
horas.

3- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Maior da Pobra do
Caramiñal ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
4- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.
A saída das probas estará ubicada na rúa Anxo Rei Ballesteros. A meta
estará ubicada no interior da Praza Alcalde Segundo Durán.
As saídas realizaranse de 10 en 10 atletas en intervalos de 20’’, según os
horarios previstos. Esto poderá cambiar dependiendo das medidas Covid-
19 vixentes no momento da proba (ver protocolo da proba).
5- PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de trofeos realizarase no lugar de meta a partir das 13:30h
Outorgaranse os seguintes trofeos:
 Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría
 Premios en metálico e agasallos ós/ás cinco primeiros/as clasificados/as
da xeral
 Camiseta técnica para os/as participantes na proba absoluta (8.000
m. aprox.) .
PREMIOS EN METÁLICO PROBA ABSOLUTA
HOMES MULLERES
1º) 200 € 1ª) 200 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
4º) 50 € 4ª) 50 €
5º) 30 € 5ª) 30 €
Ós/ás atletas gañadores/as dos premios en metálico poderáselle requerir
documentación acreditativa da súa identidade (DNI ou permiso de
circulación en vigor)
6- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA
A organización disporá dos servicios médicos obrigatorios, seguro de
accidentes deportivos e responsabilidade civil e servizo de fisioterapia na
zona de chegada.
7- RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da
competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola
organización.

8- DESCUALIFICACIÓNS
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservaranse a facultade de
descalificar ao infractor/a que, comprobada calquera irregularidade: non leve
visible o seu dorsal, manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización ou ao xuíz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha
federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico,
non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra
calquer outra norma contemplada nas normas de competición vixentes da FGA e
RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respeten as indicacións da
Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros
da Organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en
metálico ou trofeo.
9- RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o
participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse
realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións
óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes
deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
10- PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS
E EXTRANXEIROS/AS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para
las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en
carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2021. Máis
información de esta norma na ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
11- ARTÍGO 23: LOPD
Todos/a os/asas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do
seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da
FGA e RFEA.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.