O Departamento de Deportes do Concello de Boiro será o organizador da XV Carreira Popular “Mar de Boiro” – 13º. Memorial Pepe Buceta. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
• VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
• IV Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.
DISTANCIAS E HORARIOS
Carreiras Mini e Supermini (ata sete anos): 200 metros, as 10:40
Carreira curta (escolares): 2.500 metros, as 11:05
Carreira longa (cat. xeral): 10.000 metros, as 11:00
Recollida de dorsais
Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao Concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h.