Información - XV CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO

Información - XV CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO

O Departamento de Deportes do Concello de Boiro será o organizador da XV Carreira Popular “Mar de Boiro” – 13º. Memorial Pepe Buceta. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
IV Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.

DISTANCIAS E HORARIOS

Carreiras Mini e Supermini (ata sete anos): 200 metros, as 10:40

Carreira curta (escolares):  2.500 metros, as 11:05

Carreira longa (cat. xeral):  10.000 metros, as 11:00

Recollida de dorsais

Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao Concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h.