Data: sábado, 15 de febreiro de 2020
Hora: a partir das 16:00h.
Lugar: Padrón (Campo do Souto).
Distancia: de 1 00m a 10 k m aprox.
Organiza: Concello de Padrón.
DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora
antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir
colocado n a parte anterior do corpo , en toda a súa extensión e de xeito visible e sen dobreces .
Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
PREMIOS EN METÁLICO
Premios individuais absoluta M/F
1 º/ª 200 €
2º/ª 150 €
3º/ª 75 €
4º/ª 50 €
Equipos federados
1º 250 €
2º 175 €
3º 100 €
4º 75 €
Sistema de puntuación e clasificación por equipos. A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo santiago@atletismo.gal no prazo de inscrición da proba absoluta.
Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
TROFEOS e MEDALLAS
- Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento agás nas categorías pitufo e prebenx amín, onde se entregará unha medalla a cada participante.
- Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de 10 k.
- Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da clasificación xeral da proba de 10 k.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos clasifi cados da proba absoluta.
- Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
- Trofeo Super máster ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.
- Medallas para os /as participan tes nas categorias escolares (de pitufo a sub16)
PREMIOS ESPECIAIS E AGASALLOS
- Premio TERMAS DE CUNTIS: 3 invitacións para 2 persoas ao Aquaform do Balneario de Cuntis aos 3 primeiros/as clasificados/as da xeral da proba de 10k.
- Obsequio de VERMÚ PETRONI aos 3 primeiros/as da cla sificación xeral da proba de 10k.
- Obsequio de VERMÚ ST PE TRONI ao 1º/1ª corredor/a local da proba de 10k
- Cheque regalo de 30 € a utilizar en SUPERMERCADOS FROIZ de Padrón para o /a 1º/1ª corredor/a local n a proba de 10k
- Agasallo para todos os partici pantes ata esgotar existencias.