Información - XVIII PADRÓN 10K

Información - XVIII PADRÓN 10K

Data: sábado, 15 de febreiro de 2020
Hora: a partir das 16:00h.
Lugar: Padrón (Campo do Souto).
Distancia: de 1 00m a 10 k m aprox.
Organiza: Concello de Padrón.

DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora
antes do inicio de cada proba. 

Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir
colocado n a parte anterior do corpo , en toda a súa extensión e de xeito visible e sen dobreces .

Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.

PREMIOS EN METÁLICO

Premios individuais absoluta M/F
1 º/ª  200 €
2º/ª   150 €
3º/ª     75 €
4º/ª     50 €

Equipos federados
1º  250 €
2º  175 €
3º  100 €
4º    75 €

Sistema de puntuación e clasificación por equipos. A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos.

Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo santiago@atletismo.gal no prazo de inscrición da proba absoluta.

Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

TROFEOS e MEDALLAS

  • Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento agás nas categorías pitufo e prebenx amín, onde se entregará unha medalla a cada participante.
  • Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de 10 k.
  • Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da clasificación xeral da proba de 10 k.
  • Trofeos para os 3 primeiros equipos clasifi cados da proba absoluta.
  • Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
  • Trofeo Super máster ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller.
  • Medallas para os /as participan tes nas categorias escolares (de pitufo a sub16)

PREMIOS ESPECIAIS E AGASALLOS

  • Premio TERMAS DE CUNTIS: 3 invitacións para 2 persoas ao Aquaform do Balneario de Cuntis aos 3 primeiros/as clasificados/as da xeral da proba de 10k.
  • Obsequio de VERMÚ PETRONI aos 3 primeiros/as da cla sificación xeral da proba de 10k.
  • Obsequio de VERMÚ ST PE TRONI ao 1º/1ª corredor/a local da proba de 10k
  • Cheque regalo de 30 € a utilizar en SUPERMERCADOS FROIZ de Padrón para o /a 1º/1ª corredor/a local n a proba de 10k
  • Agasallo para todos os partici pantes ata esgotar existencias.