O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo, o domingo 20 de outubro a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
As probas disputaranse o domingo, 20 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo.
Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 19 de outubro) en horario de 17:00 a 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR ESTABLECIDO.
Establécense as seguintes categorías, segundo o ano de nacemento:
HORARIOS |
|||
CATEGORÍA |
ANO DE NACEMENTO |
DISTANCIA |
HORARIO |
PITUFO FEMENINO |
nados/as no 2015 e posteriores |
200 m aprox |
12:00 horas |
PITUFO MASCULINO |
12:05 horas |
||
PREBENXAMÍN FEMENINO |
nados/as no 2012, 2013 e 2014 |
350 m aprox |
12:10 horas |
PREBENXAMÍN MASCULINO |
12:20 horas |
||
SUB 10 FEMENINO |
nados/as no 2010 e 2011 |
1.000 m aprox |
12:30 horas |
SUB 10 MASCULINO |
12:40 horas |
||
SUB 12 FEMENINO |
nados/as no 2008 e 2009 |
1.000 m aprox |
12:50 horas |
SUB 12 MASCULINO |
|||
SUB 14 |
nados/as no 2006 e 2007 |
2.000 m aprox |
13:00 horas |
SUB 16 |
nados/as no 2004 e 2005 |
||
SUB 18 |
nados/as no 2002 e 2003 |
5,25 km (1 volta) |
10:30 horas |
SUB 20 |
nados/as no 2000 e 2001 |
10 km homologados pola RFEA |
|
SUB 23 |
nados/as no 1997, 1998 e 1999 |
||
SENIOR |
nados/as entre 1985 e 1996 |
||
MASTER 1 MASC/FMNO |
nados/as entre 1979 e 1984 |
||
MASTER 2 MASC/FMNO |
nados/as entre 1970 e 1978 |
||
MASTER 3 MASC/FMNO |
nados/as entre 1960 e 1969 |
||
MASTER 4 MASC/FMNO |
nados/as en 1959 e anteriores |
TROFEOS
- Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no reglamento e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
- Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais empadroados/as no Concello de Ames.
- Tamén recibirán trofeo os 3 primeiros clubes da carreira absoluta.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos (agás os premios aos/as atletas locais).
PREMIOS EN METALICO INDIVIDUAIS PROBA ABSOLUTA
1º/1ª CLASIFICADO/A |
250,00 € |
2º/2ª CLASIFICADO/A |
200,00 € |
3º/3ª CLASIFICADO/A |
100,00 € |
4º/4ª CLASIFICADO/A |
50,00 € |
PREMIOS EN METALICO A CLUBES FEDERADOS PROBA ABSOLUTA
1º CLUB FEDERADO CLASIFICADO |
250,00 € |
2º CLUB FEDERADO CLASIFICADO |
175,00 € |
3º CLUB FEDERADO CLASIFICADO |
100,00 € |
4º CLUB FEDERADO CLASIFICADO |
75,00 € |
A clasificación de clubs establecerase a través dos 10 primeiros clasificados do mesmo, sexan homes ou mulleres, pola suma dos seus postos. Os mesmos deberán estar compostos alo menos por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor.