Información - XX CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES

Información - XX CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES

O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo, o domingo 20 de outubro a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.

 As probas disputaranse o domingo, 20 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo.

Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 19 de outubro) en horario de 17:00 a 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR ESTABLECIDO.

Establécense as seguintes categorías, segundo o ano de nacemento:

HORARIOS

CATEGORÍA

ANO DE NACEMENTO

DISTANCIA

HORARIO

PITUFO FEMENINO

nados/as no 2015 e posteriores

200 m aprox

12:00 horas

PITUFO MASCULINO

12:05 horas

PREBENXAMÍN FEMENINO

nados/as no 2012, 2013 e 2014

350 m aprox

12:10 horas

PREBENXAMÍN MASCULINO

12:20 horas

SUB 10  FEMENINO

nados/as no 2010 e 2011

1.000 m aprox

12:30 horas

SUB 10 MASCULINO

12:40 horas

SUB 12 FEMENINO

nados/as no 2008 e 2009

1.000 m aprox

12:50 horas

SUB 12 MASCULINO

SUB 14

nados/as no 2006 e 2007

2.000 m aprox

13:00 horas

SUB 16

nados/as no 2004 e 2005

SUB 18

nados/as no 2002 e 2003

5,25 km (1 volta)

10:30 horas

SUB 20

nados/as no 2000 e 2001

10 km homologados pola RFEA

SUB 23

nados/as no 1997, 1998 e 1999

SENIOR

nados/as entre 1985 e 1996

MASTER 1 MASC/FMNO

nados/as entre 1979 e 1984

MASTER 2 MASC/FMNO

nados/as entre 1970 e 1978

MASTER 3 MASC/FMNO

nados/as entre 1960 e 1969

MASTER 4 MASC/FMNO

nados/as en 1959 e anteriores

 

TROFEOS

  • Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no reglamento e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
  • Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais empadroados/as no Concello de Ames.
  • Tamén recibirán trofeo os 3 primeiros clubes da carreira absoluta.

Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos (agás os premios aos/as atletas locais).

PREMIOS EN METALICO INDIVIDUAIS PROBA ABSOLUTA

1º/1ª CLASIFICADO/A

250,00 €

2º/2ª CLASIFICADO/A

200,00 €

3º/3ª CLASIFICADO/A

100,00 €

4º/4ª CLASIFICADO/A

50,00 €

 

PREMIOS EN METALICO A CLUBES FEDERADOS PROBA ABSOLUTA

1º CLUB FEDERADO CLASIFICADO

250,00 €

2º CLUB FEDERADO CLASIFICADO

175,00 €

3º CLUB FEDERADO CLASIFICADO

100,00 €

4º CLUB FEDERADO CLASIFICADO

  75,00 €

A clasificación de clubs establecerase a través dos 10 primeiros clasificados do mesmo, sexan homes ou mulleres, pola suma dos seus postos. Os mesmos deberán estar compostos alo menos por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor.