Información - XX SUBIDA AO CASTRO BARBUDO

Información - XX SUBIDA AO CASTRO BARBUDO

A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a XX Ruta BTT Castro Barbudo en bicicleta de montaña e, simultaneamente, unha andaina, que se celebrarán o domingo 14 de xullo de 2019 con saída de Campo de Pazos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. A saída darase as 09:00 horas.

A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición.

A idade mínima para poder participar na marcha será de 18 anos e a idade máxima de 75 anos. Os que teñan 14 anos ou máis, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.

Podes acceder aos traks GPS do evento premendo neste enlace ou accedendo a opción descargas do menú de esta páxina.

Os menores de 18 anos, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza. Deberás descargala deste enlace en enviala por mail a castrobarbudo@gmail.com

Recomendamos que aparquedes no Campo Maneiro e baixedes xa na bici a Campo de Pazos.

Para chegar a Campo Maneiro procurade subir pola entrada que hai ao lado da gasolineira de Repsol. Para que ninguén se perda AQUÍ tendes o enlace a Google Maps. O punto A é o de entrada para subir a Campo Maneiro. O punto B é a ubicación de Campo Maneiro e o punto C indica o lugar da saída da marcha.

Este evento se celebra gracias a: