Información - XXI CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM

Información - XXI CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM

O Concello de Pontecesures organiza a «XXI Carreira Popular de Pontecesures» que se celebrará o Domingo 16 de xaneiro de 2022 a partir das 11:00 horas.

Tras o éxito da anterior edición, na que puidemos mostrar o noso perfil máis solidario na loita contra a violencia de xénero, non queremos deixar de comprometernos coas persoas que peor o están a pasar e, polo tanto, A «XXI CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM», en esta ocasión, servirá para recadar fondos, en colaboración con Cruz Vermella, que serán destinados a axudar ás persoas damnificadas polo volcán de La Palma, que está a deixar tras de sí perdas incalculables tanto a nivel material como persoal.

As probas disputaranse na data sinalada a partir das 11:00 horas da mañá na localidade de Pontecesures nun circuito urbano con saída e chegada na Praza do Coche de Pedra.

A entrega de dorsais realizarase a partir das 9:00 horas na mesma praza (en caso de chuvia, na Praza de Abastos).
Asimesmo, as persoas que o desexen poderán recoller os dorsais o sábado 15 de xaneiro nas oficinas da Casa do Concello de Pontecesures de 18:00 a 20.00 horas (Avenida de Vigo, nº 2).

Condicións de participación (12 anos e maiores)
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Calquera de unha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal.

No caso de haber mais de 300 atletas nalgunha das categorías, procederase a establecer saídas escalonadas mediante caixóns, medida que será comunicada en minutos previos ao desenvolvemento da proba.

Condicións de participación (menores de 12 anos).
Non será preciso nin o certificado de vacinación, test de antíxenos ou certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19. No seu defecto, sí que será preciso a entrega da Declaración Responsable, preme para descargar, no momento da recollida de dorsais.
-Aplicarase a excepcionalidade de saídas individuais ou en quendas de ata 20 atletas, so en atletas menores de 12 anos, que deberán manter a distancia de seguridade de 1,5m na saída, e que poderán retirar a máscara no momento da indicación do xuíz de saídas ou da organización, momentos antes da saída cando todos/as os/as atletas se achegan a posición de: aos seus postos antes do disparo. Sendo a cadencia mínima entre quendas de 20 segundos. Unha vez finalizada a carreira, o/a atleta deberá colocar a máscara, ben empregando unha persoal ou a facilitada pola organización.
- Recoméndase o uso de máscara por parte dos/as atletas menores de 6 anos.

 

XXI CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES (16/01/2022) – RUN FOR THEM RUTA 8 KM (categorías: de Junior ata máster)
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xx-carreira-popular-de-pontecesures-run-for-them-12-xaneiro-2020-8km-44410180

RUTA 4 KM (categorías: de Junior ata máster)
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xx-carreira-popular-de-pontecesures-run-for-them-12-xaneiro-2020-4km-44409398

1.800 metros (sub14 e sub16) cadete e infantil.
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xx-carreira-popular-de-pontecesures-run-for-them-12-xaneiro-2020-1-800-metros-44604026

1.000 metros (sub10 e sub12) alevín e benxamín.
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xx-carreira-popular-de-pontecesures-12-xaneiro-2020-run-for-them-1-000-metros-44604120

500 metros, categoría PITUFOS/AS
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/xx-carreira-popular-de-pontecesures-12-xaneiro-2020-run-for-them-500-metros-44604285

UBICACIÓN CASA DO CONCELLO (recollida dorsais sábado 15 de xaneiro de 18.00 a 20.00 h.):
https://www.google.com/maps/place/Concello+de+Pontecesures/@42.7221267,-8.6504737,18.25z/data=!4m5!3m4!1s0xd2f0530dd5bf3eb:0x4d5b2d95edcd1c24!8m2!3d42.7218483!4d-8.651151

UBICACIÓN PRAZA DE ABASTOS (recollida de dorsais domingo 16 de xaneiro 9.00 horas):
https://www.google.com/maps/place/Tr.%C2%AA+Mercado,+36640+Puentecesures,+Pontevedra/@42.7217538,-8.6521566,17.5z/data=!4m5!3m4!1s0xd2f0531e063121d:0x2f9919cad3d4489c!8m2!3d42.7214238!4d-8.6532477

UBICACIÓN PRAZA DO COCHE DE PEDRA (Saída/Chegada/Entrega de trofeos):
https://www.google.com/maps/@42.722116,-8.6528767,19.75z