XXI CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO. 19º Memorial Pepe Buceta 06/12/2026
Organiza: Departamento de Deportes. Concello de Boiro.
Tfno: 679712621 e-mail: deportes@boiro.org. Persoa de contacto: Manuel González Lorenzo.
Patrocina: Concello de Boiro
Distancias: Carreiras Mini e Supermini (ata sete anos): 200 metros.
Carreira curta (escolares): 2.500 metros.
Carreira longa (cat. xeral): 10.000 metros.
O Departamento de Deportes do Concello de Boiro será o organizador da XXI Carreira Popular Mar de Boiro. 19º Memorial Pepe Buceta. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo. Tamén forma parte do XII Circuíto Provincial de Carreira Populares da Deputación da Coruña.
A saída será ás 11:00 h. na rúa Principal, fronte ao Concello. A chegada será na parte de atrás do Concello, na rúa peonil.
Premios:
✓ Trofeos para os/as 3 primeiros/as clasificados/as en tódalas categorías, excepto para a carreira Mini e Supermini.
✓ Agasallo aos 3 primeiros/as corredores/as de Boiro (empadroados/as actualmente comprobado pola organización) da categoría xeral, masculino e feminino.
✓ Agasallo aos 500 primeiros/as corredores da categoría xeral que recollan o seu dorsal.
✓ Medallas para todos/as os/as participantes das carreiras curta, Mini e Supermini.
✓ Non haberá premios económicos.
✓ Trofeo o mais lonxano masculino e feminino
OS PREMIOS SON ACUMULATIVOS