Información - XXII CARREIRA POPULAR  SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

Información - XXII CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

O Concello de Riveira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 28  de setembro de 2019, a partir das 17.00 horas, a XXII edición da Carreira Popular de Santa Uxía que formará parte do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, así como do IV Circuíto de Carreiras Arousa Arousa Norte.

 A proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km.

Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.

AQUELES QUE TODAVÍA QUEIRAN ANOTARSE NO CIRCUÍTO DE CARRERIRAS POPULARES AROUSA NORTE 2019, PODEN FACELO PREMENDO NESTA FRASE, OU NA WEB.

DISTANCIAS E HORARIOS

A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIVEIRA (Paseo marítimo).

HORA

CATEGORÍA

DISTANCIA

17.00 h

Sub 14 – Sub 16

2.500 metros

17.30 h

Sub 12

1.000 m

17.40 h

Sub 10

750 m

17.50 h

Prebenxamín

400 m

18.00 h

Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e máster

10 km

(2 voltas)

18.00 h

“Sapatilla Inclusiva”

5 km

(1 volta)

19.10 h

Pitufo

 100 m

19.30 h

ENTREGA DE PREMIOS   

I M P O R T A N T ENon se permitirá a participación de ningún deportista que non houbera realizado a inscrición previa. Non se realizarán inscricións o día da proba.

RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.

Realizarase o día da proba na zona do malecón, en caso de mal tempo trasladarase o  AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde,  ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.

OS PARTICIPANTES NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE 2019 TERÁN QUE RECOLLER UN DORSAL NOVO EN CADA PROBA DO CIRCUITO INCLUIDA ESTA, CO CAL TERÁN QUE COMPETIRPoderán ademais recoller o agasallo de organización.

PREMIOS ECONÓMICOS PROBA DE 10 kilómetros*:                       

  • 1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
  • 2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
  • 3º clasificado/a   90,00 euros + trofeo

*Os premios económicos serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal as/os atletas gañadoras/es terán que facilitar os seus datos persoais e bancarios unha vez remate a proba.                               

  • Medallas Conmemorativas ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
  • Medallas Conmemorativas ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.        
  • OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, a excepción dos primeiros clasificados locais.

Categorías base:

  • Medallas Conmemorativas para os tres primeiros clasificados/as das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
  • Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín, Nestas dúas categorías non se realizará clasificación nin entrega de trofeos.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS

  • Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A Fieiteira ou Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso).
  • Haberá servizo de gardarroupa.
  • Haberá sinalización dos puntos quilométricos.
  • Haberá avituallamento intermedio líquido e líquido/sólido final.
  • Aparcamento nas inmediacións da saída, na zona portuaria.
  • Haberá sorteo de agasallos entre os corredores.