Information  - XXIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

Information - XXIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizaRánn conxuntamente a XXIII edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 31 de agosto de 2019 na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do VII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA e se rexirá polo seguinte:

 

REGULAMENTO

  1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

 

  1. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:

CATEGORÍA

ANOS DE NACEMENTO

DISTANCIAS APROX.

CHUPETE*

nados/as en 2015 e posteriores

250 metros aprox.

PITUFO*

nados/as en 2012-2013-2014

350 metros aprox.

SUB 10

nados/as en 2010-2011

1000 metros aprox.

SUB 12

nados/as en 2008-2009

1000 metros aprox.

SUB 14

nados/as en 2006-2007

3000 metros aprox.

SUB 16

nados/as en 2004-2005

3000 metros aprox.

SUB 18

nados/as en 2002-2003

3000 metros aprox.

SUB 20

nados/as en 2000-2001

8 km aprox.

SUB 23

nados/as en 1997-1998-1999

8 km aprox.

SENIOR

nados/as entre 1985 e 1996

8 km aprox.

MASTER 1 MASC/FMNO

nados/as entre 1979 e 1984

8 km aprox.

MASTER 2 MASC/FMNO

nados/as entre 1970 e 1978

8 km aprox.

MASTER 3 MASC/FMNO

nados/as entre 1960 e 1969

8 km aprox.

MASTER 4 MASC/FMNO

nados/as en 1959 e anteriores

8 km aprox.

*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.

 

 

 

 

  1. HORARIO DAS PROBAS

Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.

HORA

CATEGORÍA

21:00 h

Chupete                                                                                              (250 metros aprox.)

21:07 h

Pitufo                                                                                                  (350 metros aprox.)

21:15 h

Sub 10 e Sub 12                                                                               (1000 metros aprox.)

21:30 h

Sub 14, Sub 16 e Sub 18                                                                 (3000 metros aprox.)

22:00 h

Sub 20, Sub 23, Senior e Máster                                                                (8 km aprox.)

23:15 h

ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)

 

  1. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través da web emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.

As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 6 € por participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.

O prazo de inscrición rematará o mércores 29 de agosto ás 23:59 horas, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.

 

Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba. Teléfono de información: 981 842 100 e 654 28 56 92 (De Martes a Venres de 09:00 a 15:00).

Os atletas da categoría sub 18 que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico santiago@atletismo.gal onde se lle indicará como deben proceder.

 

  1. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO

Estableceranse os seguintes prêmios:

  • Tres primeiros/as clasificados/as masculinos e femininos da proba absoluta (adultos).
  • Tres primeiros/as classificados/as de cada categoría estabelecida no presente regulamento, tanto masculinos como femininos.
  • Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba absoluta, tanto masculino como feminino.
  • Trofeo para os 3 primeiros clubes da clasificación final.

Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais.

 

Na clasificación por clubes puntuarán os 6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1 punto ao 1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube que menos puntos acade será o vencedor. O empate resolverase segundo o disposto na normativa da IAFF. Para poder obtar a este prêmios os equipos deberán estar federados en atletismo, feito que deberán xustificar así como a composición de cada equipo, co certificado federativo ou da delegación correspondente no seu defecto remitindoo previamente ao email santiago@atletismo.gal . Os clubes poderán ser mixtos.

Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos nestas categorías nin se farán clasificacións.

PREMIOS EN METÁLICO

PROBA ABSOLUTA (De sub 20 a máster).

 PREMIOS INDIVIDUAIS                                                                                                         

1º Clasificado:    300 €                                                  1ª Clasificada:          300 €              

2º Clasificado:    175 €                                                  2ª Clasificada:          175 €  

3º Clasificado:    125 €                                                  3ª Clasificada:          125 €

 

PREMIOS A CLUBES                                                                                                

1º Clube Clasificado:     200 €              

2º Clube Clasificado:     100 €  

3º Clube Clasificado:       75 €                                                             

 

Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI, CIF, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o seu nº de conta.

 

  1. Os atletas da carreira absoluta correrán cun CHIP que lle será entregado no momento da recollida do dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito visible na zona anterior do corpo será automáticamente descualificado.

 

  1. Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”. Máis información de esta norma no ligazón:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf

 

  1. Haberá dous puntos de avituallamento: un situado aproximadamente a metade de percorrido, e outro situado na liña de meta.

 

  1. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

  

  1. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

 

  1. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos  regulamentos da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.