O CONCELLO DE AMES ORGANIZA:
A vixésima cuarta edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
DATA: 19 de Outubro de 2025
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello).
A proba pertence ao XI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo. Paralelamente a esta competición celebrarase o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 5 KM EN RUTA MÁSTER (As inscricións realizaranse a través da web https://rfeacontent.es/callroom.html (ver circular do Campionato en www.rfea.es ).
Categorías escolares (de pitufo/a a xuvenil): GRATUÍTA
Proba absoluta (de júnior a veterano/a): 8 €
NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)
PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E ESTRANXEIROS/AS
Esta carreira está incluída no calendario RFEA Nivel II da Real Federación Española de Atletismo e da Federación Galega de Atletismo, polo tanto, a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto no regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo correspondente á tempada 2025 para probas en ruta.
A clasificación de clubs establecerase a través das 10 primeiras persoas clasificadas do club, sexan homes ou mulleres, mediante a suma dos seus postos. Os clubs deberán estar compostos, como mínimo, por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor. Para entrar nestes premios os clubs deberán remitir a relación de persoas inscritas co seu nome e apelidos e o seu número de licenza ao enderezo electrónico santiago@atletismo.gal antes do peche de inscricións.