Inscrición  - XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES  2025

Proceso de Inscrición

  • As inscricións a XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES 2025 finalizarán o martes 14 outubro 2025 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñible
  • Nº de inscritos confirmados: 21
  • Nº de inscritos pendentes de pago: 0
Indicacións da organización

O CONCELLO DE AMES ORGANIZA:

A vixésima cuarta edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

DATA: 19 de Outubro de 2025

HORA: 10:00 horas

LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello).

A proba pertence ao XI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.

O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo.  Paralelamente a esta competición celebrarase o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 5 KM EN RUTA MÁSTER (As inscricións realizaranse a través da web https://rfeacontent.es/callroom.html (ver circular do Campionato en www.rfea.es ). 

Categorías escolares (de pitufo/a a xuvenil): GRATUÍTA
Proba absoluta (de júnior a veterano/a): 8 €

NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)

PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E ESTRANXEIROS/AS
Esta carreira está incluída no calendario RFEA Nivel II da Real Federación Española de Atletismo e da Federación Galega de Atletismo, polo tanto, a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto no regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo correspondente á tempada 2025 para probas en ruta.

A clasificación de clubs establecerase a través das 10 primeiras persoas clasificadas do club, sexan homes ou mulleres, mediante a suma dos seus postos. Os clubs deberán estar compostos, como mínimo, por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor. Para entrar nestes premios os clubs deberán remitir a relación de persoas inscritas co seu nome e apelidos e o seu número de licenza ao enderezo electrónico santiago@atletismo.gal antes do peche de inscricións.

As reclamacións dos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición nos 30 MINUTOS SEGUINTES á publicación dos resultados

Elixe unha opción
Datos do equipo

= campos obrigatorios
Gastos administrativos:
Prezo Inscrición Actual:
Prezo total inscrición:
Visa
Mastercard
Google Pay
Apple Pay
Bizum
Plazox

(Gastos de xestión xa incluídos)