Información  - XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

Información - XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizarán conxuntamente a XXIV edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 3 de setembro de 2022 na localidade de Noia.

REGULAMENTO

  1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

 

  1. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:

CATEGORÍA

ANOS DE NACEMENTO

DISTANCIAS APROX.

CHUPETE*

nados/as en 2018 e posteriores

250 metros aprox.

PITUFO*

nados/as en 2015-2016-2017

350 metros aprox.

SUB 10

nados/as en 2013-2014

1000 metros aprox.

SUB 12

nados/as en 2011-2012

1000 metros aprox.

SUB 14

nados/as en 2009-2010

3000 metros aprox.

SUB 16

nados/as en 2007-2008

3000 metros aprox.

SUB 18

nados/as en 2005-2006

3000 metros aprox.

SUB 20

nados/as en 2003-2004

8 km aprox.

SUB 23

nados/as en 2000-2001-2002

8 km aprox.

SENIOR

nados/as entre 1988 e 1999

8 km aprox.

MASTER 1 MASC/FMNO

nados/as entre 1982 e 1987

8 km aprox.

MASTER 2 MASC/FMNO

nados/as entre 1972 e 1981

8 km aprox.

MASTER 3 MASC/FMNO

nados/as entre 1962 e 1971

8 km aprox.

MASTER 4 MASC/FMNO

nados/as en 1961 e anteriores

8 km aprox.

  1. HORARIO DAS PROBAS

Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.

HORA

CATEGORÍA

20:30 h

Chupete  (250 metros aprox.)

20:37 h

Pitufo    (350 metros aprox.)

20:45 h

Sub 10 e Sub 12  (1000 metros aprox.)

21:00 h

Sub 14, Sub 16 e Sub 18   (3000 metros aprox.)

21:30 h

Sub 20, Sub 23, Senior e Máster  (8 km aprox.)

22:45 h

ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)

 

  1. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través da web emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.

As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 6 € por participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.

Os atletas da categoría sub 18 que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico santiago@atletismo.gal onde se lle indicará como deben proceder.