O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo a vixésima quinta edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, o domingo 18 de outubro de 2026. Esta proba pertence ao XII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello).
Categorías escolares (de pitufo/a a xuvenil): GRATUÍTA
Proba absoluta (de júnior a veterano/a): 8 €
NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)
PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E ESTRANXEIROS/AS
Esta carreira está incluída no calendario RFEA Nivel II da Real Federación Española de Atletismo e da Federación Galega de Atletismo, polo tanto, a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto no regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo correspondente á tempada 2025 para probas en ruta.

A clasificación de clubs establecerase a través das 10 primeiras persoas clasificadas do mesmo, sexan homes ou mulleres, pola suma dos seus postos. Os mesmos deberán estar compostos polo menos por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor. Para entrar nestes premios os clubs deberán remitir a relación de inscritos co seu nome e apelidos e o seu número de licenza ao enderezo electrónico soporte@emesports.es antes do peche das inscricións.