Organisation Indications
HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
PREMIACIÓN DA PROBA Estableceranse os seguintes premios: Tres primeiros/as clasificados/as absolutos masculinos e femininos da proba de 8 K (adultos). Tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento, tanto masculinos como femininos, agás nas categorías chupete e pitufo onde non haberá trofeos. Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba de 8 K, tanto masculino como feminino. Trofeo especial Hipólito Rey “Polo” para os 3 primeiros clubes federados da clasificación final da proba de 8 K. Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais. Os premios a clubs só se outorgarán na proba de 8 K. En dita clasificación puntuarán os 6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1 punto ao 1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube que menos puntos acade será o vencedor. O empate resolverase segundo o disposto na normativa da FGA, RFEA e WA, por esta orde.
Para poder obtar a este premios os equipos deberán estar federados no deporte do atletismo, feito que deberán xustificar remitindo no prazo de inscrición da proba ao email secretaria@atletismo.gal e para a súa comprobación, a composición de cada club co nome, apelidos e número de licencia de cada membro do mesmo. Os clubes poderán ser mixtos.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos nestas categorías nin se farán clasificacións.
Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI, CIF, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o seu nº de conta