Información  - XXVII CARREIRA POPULAR  SANTA UXÍA – III MEMORIAL MIGUEL RUIZ

Información - XXVII CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA – III MEMORIAL MIGUEL RUIZ

O Concello de Ribeira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 26  de setembro de 2026, a partir das 17.00 horas, a XXVII edición da Carreira Popular de Santa Uxía – III Memorial Miguel Ruiz que formará parte do XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

 A proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km. As probas levaranse a cabo na localidade de Ribeira e estarán suxeitas o seguinte regulamento:

  1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
  2. CATEGORIAS:

CATEGORIA

ANOS DE NACEMENTO

SUB 6

2023-2022-2021

SUB 8

2020-2019

SUB 10  H/M

2018-2017

SUB 12 H/M

2016-2015

SUB 14 H/M

2014-2013

SUB 16 H/M

2012-2011

SUB 18 H/M

2010-2009

SUB 20  H/M

2008-2007

SUB 23 H/M

2006-2005-2004

SENIOR H/M

De 2003 ata 1992

MASTER 1 H/M

De 1991 ata 1986

MASTER 2 H/M

De 1985 ata 1976

MASTER 3 H/M

De 1975 ata 1966

MASTER 4 H/M

Nados antes do 1966

“SAPATILLA INCLUSIVA”

Categoría única absoluta  para persoas con diversidade funcional

horarios das probas

HORA

CATEGORÍA

DISTANCIA

17.00 h

Sub 14 – Sub 16

2.100 metros

17.30 h

Sub 12

1.400 m

17.40 h

Sub 10

700 m

17.50 h

Sub 8

500 m

18.00 h

Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e máster

10 km

(2 voltas)

18.00 h

“Sapatilla Inclusiva”

5 km

(1 volta)

19.10 h

Sub 6 (2 ou 3 saídas)

 100 m

19.30 h

ENTREGA DE PREMIOS