Información  - XXVIII CARREIRA NOIA MEDIEVAL MEMORIAL HIPÓLITO REY

Información - XXVIII CARREIRA NOIA MEDIEVAL MEMORIAL HIPÓLITO REY "POLO"

O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizarán conxuntamente a XXVIII edición da súa Carreira Pedestre Popular 

Sábado 29 de Agosto de 2026

Localidade de Noia baixo o control técnico do comité galego de xuices da Federación Galega de Atletismo. Esta proba entra dentro do XII CIRCUÍTO DE CARREIRAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA e forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

 

As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través da web emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online. Serán GRATUITAS.

As INSCRICIONS DA PROBA DE 8 K (de Sub 20  a máster) realizaranse tamén a través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 10 € por participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.

O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de agosto ás 23:59 horas, NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA.

Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.

Estableceranse os seguintes premios:


• Tres primeiros/as clasificados/as absolutos masculinos e femininos da proba de 8 K (adultos).
• Tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento, tanto masculinos como femininos, agás nas categorías chupete e pitufo onde non haberá trofeos.
• Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba de 8 K, tanto masculino como feminino.
• Trofeo especial Hipólito Rey “Polo” para os 3 primeiros clubes federados da clasificación final da proba de 8 K.

Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais.

PREMIOS INDIVIDUAIS:


1º Clasificado/Clasificada 300 €

2º Clasificado/Clasificada 175 €

3º Clasificado/Clasificada 125 €