O Concello das Pontes organiza a XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé. A proba non federada desenvolverase nun circuíto duns 6.400 metros e trascorrerrá sobre asfalto e terra.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o sábado 21 de marzo de 2026.
Comezará ás 16:30 horas e a liña de saída e meta estará situada no Parque da Fraga (43.449547,-7.841761 )
CIRCUÍTO
A proba absoluta levarase a cabo sobre a distancia de 6.400 metros aproximadamente e transcorrerá sobre asfalto e terra. A ruta estará debidamente sinalizada e libre de tráfico rodado. Está prohibido usar como zonas de carreira aquelas que non estean expresamente sinalizadas como circuíto. Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
A categoría Biberón empezará ás 16:30 horas, as categorías sub8 e sucesivas comezarán a continuación, consecutivamente, ata rematar coa Absoluta, polo que as persoas inscritas deberán estar atentas á hora de saída, que será anunciada con suficiente antelación pola megafonía da organización
ENTREGA DE DORSAIS
As/os atletas deberán recoller os dorsais o mesmo día da proba no local do Hexágono, sito na área recreativa Xosé Ferro (43.450817, -7.840951), en horario de 14:30h a 16:30h.
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os da clasificación absoluta xeral recibirán unha medalla e os
seguintes premios metálicos:
1º. Clasificada/o: 300 euros (masculino/feminino)
2º. Clasificada/o: 200 euros (masculino/feminino)
3º. Clasificada/o: 100 euros (masculino/feminino)