Información  - XXXVIII GRAN FONDO   XXV MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA 2020

Información - XXXVIII GRAN FONDO XXV MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA 2020

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o domingo 18 de outubro de 2020, a partir das 09:00h o “XXXVIII Gran Fondo - XXV Medio Maratón Pontevedra 2020”.

Poderán participar todas aquelas persoas dende os 18 e ata os 65 anos (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.

A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de 150 participantes en cada unha de elas; unha con saídas a partir das 09h e outra con saídas a partir das 10.15h (detalle de saídas ver no punto 10).

A organización resérvase 20 prazas a maiores para deportistas convidados/as.

A Organización asignará horario definitivo de saída en función da marca indicada que confirme o/a inscrito/a.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.

No día anterior á proba cada deportista recibirá no seu correo-e presentado na inscrición un documento para indicar que nos 10 días previos non percibiu en si mesmo síntomas compatibles co COVID19. Terá que cubrir con bolígrafo, asinar e entregar este documento impreso na entrada á zona de presaída (incluso poderá facelo antes de iniciar o quecemento).

A cerimonia de entrega de premios do Gran Fondo - Medio Maratón Pontevedra 2020 efectuarase a partir das 12:30h na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non estivese presente ao inicio do acto, entenderase que renuncia ao premio material e económico.

Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais da categoría ABSOLUTA masculina e feminina.