Información  - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2024

Información - CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2024

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 20 de abril de 2024 en horario de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2024 - Concello de Teo .
A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará, como na pasada edición, a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abri l de 1846 , xa que a súa proba absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xenera l Solís . Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde , Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta linea que comeza ó pé da reitora de Bamonde e rematará en Cacheiras .

HORARIOS E DISTANCIAS:

As probas escolares celebraranse en horario de tarde o día sábado 20 de abril de 2024 no aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa
(pais, nais...), salvo a categoría SUB 6 (proba non competitiva) e excepcións pactadas coa organización.
Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NIN O DÍA DA PROBA

A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web www.emesports.es .
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 881 978 433 (Departamento de Deportes) ou no enderezo electrónico deportes@teo.gal .
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE DE PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE INSCRICIÓN.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
Probas escolares (sábado 20 de abril): a partir das 12.00 horas no lugar de META e ata 45’ antes da súa proba.
 Proba absoluta (sábado 20 de abril): a partir das 12.00 horas no lugar da META e ata 45’ antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola organización.

Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión, será automáticamente
descualificado.


SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA :
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses :
                 Carreira absoluta: a partir das 16:30 h, o último sairá ás 17.00 h.
                 Andaina: primeiro autobús das 16:30 horas.

SERVIZO DE ROUPEIRO

Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída e meta.

SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas participantes no campo municipal da Cañoteira