Información - III CROSS DE OBSTÁCULOS DUMBRÍA

Información - III CROSS DE OBSTÁCULOS DUMBRÍA

O Concello de Dumbría en colaboración co equipo Conco Box organizan a proba deportiva popular (proba deportiva a nivel popular de atletismo de cross con obstáculos) denominada: «III CROSS DE OBSTÁCULOS CONCELLO DE DUMBRÍA»

A proba disputarase o día 17 de xuño de 2023, con saída e chegada no circuíto de cross das instalacións deportivas do Conco (DUMBRIA), en formato de proba deportiva popular (proba deportiva con control de tempos).

OPCIÓN 1  PERCORRIDO LONGO
Circuíto cunha distancia total de 7,5km. 2 voltas a un circuíto de 3,750 km aprox. por volta. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.

OPCIÓN 2  PERCORRIDO CURTO.

Circuíto cunha distancia total de 3,750km. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.

CARREIRA CATEGORIAS DE BASE 1,5 KM: Nesta categoria poderán participar nenos e nenas nados entre os anos 2007 a 2013. Esta carreira non será competitiva nin terá clasificación, tódolos corredores terán de regalo unha medalla conmemorativa do evento.

A data de celebración elixida para o evento é o vindeiro sábado 17 de xuño.

Os horarios das distintas carreiras son os seguintes:

Carreira de base: 17,30h

Carreira curta : 18,00h

Carreira longa : 19,00 h

Entrega de medallas: 20,15h                                                                    

Este evento se celebra gracias a: